Remain in Light é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de New WaveTalking Heads, editado o 8 de outubro de 1980 a través de Sire Records. Foi gravado entre as Bahamas e os Estados Unidos nos meses de xullo e agosto de 1980, baixo a produción do colaborador do grupo Brian Eno. O álbum chegou ao posto 19 da Billboard 200 nos Estados Unidos e ao 21 na lista británica de álbums. Foron lanzados dous sinxelos do disco: "Once in a Lifetime" e "Houses in Motion". O traballo foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá durante os anos 80.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 4 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.[1] A revista Rolling Stone elixíuno o cuarto mellor álbum dos anos 80.[2]